Saturday 20 de April de 2024

Rueda pon en valor o potencial da industria téxtil en Galicia e reafirma a aposta da Xunta polo sector perante os desafíos que se lle presentan


O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que visitou esta mañá as instalacións da planta de Inditex en Arteixo, puxo en valor o potencial da industria téxtil en Galicia e reafirmou a aposta do Goberno galego polo sector perante os desafíos que se lle presentan.

Alfonso Rueda, que acudiu acompañado polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e innovación, Francisco Conde, foi recibido polo CEO da compañía, Óscar García Maceiras, acompañado do vicepresidente, José Arnau Sierra.

O titular do Goberno galego recordou que Inditex é un referente mundial no mundo da moda que leva o nome de Galicia por todo o mundo, cara a límites que aínda non se coñecen. De feito, é a primeira exportadora téxtil a nivel nacional, cun nivel de exportacións que superan no primeiro cuadrimestre do ano os 2.000 millóns, un 72% máis que no mesmo período do 2021 e por riba das cifras prepandemia. O sector factura en Galicia preto de 30.000 millóns anuais e dá traballo a 28.000 persoas.